PARROQUIA LUNEDA

SANTA MARÍA; A VISITACIÓN, LUNEDA



A igrexia parroquial de Luneda destaca pola súa sinxeleza cunha fachada totalmente lisa, cunha porta de entrada de medio punto, e cun humilde campanario de dous corpos paralelos, coroados cunha pequena cruz de pedra. Está rodeada polo vello cemiterio, no que xa non se fan enterramentos ó existir outro afastado da igrexia.

Luneda, habitada dende tempos ancestrais segundo a tradición, é unha das parroquias máis antigas da Cañiza. No ano 1571 esta parroquia dependía do Bispado de Tui e no ano 1664 integrouse na xurisdicción da Orde de Malta.
O termo Luneda parece ser que lle vén de que as súas xentes lles rendían culto e veneración os astros e á lúa. Antigamente tivo un castelo que servía para a súa defensa no monte chamado do "Castelo".
No ano 1809, os seus veciños loitaron contra os franceses durante a guerra da Independencia, xuntándose cos de Mourentán; a fronte deles estaba o abade de Vilar e do Couto, don Mauricio Troncoso e Sotomaior. 

PATROA: A VISITACIÓN

                                                           Festa: 31 de Maio



        Logo que María Santísima oiu do anxo Gabriel que a súa curmá Isabel tamén esperaba un fillo, sentiuse iluminada polo Espírito Santo e comprendeu que debía ir visitar a aquela familia e axudarlles e levarlles as grazas e bendicións do Fillo de Deus que se encarnou nela. San Ambrosio anota que foi María a que se adiantou a saudar a Isabel posto que é a Virxe María a que sempre se adianta a dar mostras de agarimo a quen ama.



         Por medio da visita María levou Xesús a aquel fogar moitos favores e grazas: o Espírito Santo a Isabel, a alegría a Xoán, o don de Profecía, etc, os cales constitúen os primeiros favores que nós coñecemos que fixese na terra o Fillo de Deus encarnado. San Bernardo sinala aquí que dende entón María quedou constituída como unha "Canle inmensa" por medio do cal a bondade de Deus envía cara a nós as cantidades máis admirables de grazas, favores e bendicións.

        Ademais, a nosa Nai María recibiu a mensaxe máis importante que Deus enviou á terra: o da Encarnación do Redentor no mundo, e deseguido se foi a prestar servizos humildes á súa curmá Isabel. Non foi como reina e señora senón como serva humilde e fraterna, sempre disposta a atender a todos que a necesitan.

       Esta foi o primeira das numerosas viaxes de María a axudar aos demais. Até o final da vida no mundo, Ela estará sempre viaxando para prestar auxilios a quen o estean necesitando. Tamén foi a primeira marcha misioneira de María, xa que ela foi a levar a Xesús a que bendicise a outros, obra de amor que segue realizando a cada día e cada hora. Finalmente, Xesús empregou á súa Nai para santificar a Juan Bautista e agora ela segue sendo o medio polo cal Xesús nos santifica a cada un de nós que somos tamén fillos da súa Santa Nai.
 



(PASAXE BÍBLICO)

  PODCAST: PASAXE BÍBLICO



RETABLO INTERACTIVO

 
VIDEO
 
LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA

Ver Igrexa de Santa María de Luneda en un mapa más grande
 CÓDIGO QR