TEMPLOS

As parroquias do actual concello de Cañiza pertencen ó arciprestazgo de San Martiño, excepto a Franqueira e Oroso.

O concello de A Cañiza está formado polas seguintes parroquias: Santa Cristina de Valeixe, San Sebastián de Achas, Santa Tareixa da Cañiza, San Bartolomé do Couto, Santa María da Franqueira, Santa María de Luneda, Santa María de Oroso, Santiago de Parada, e Santa Eulalia de Deva e San Xulián de Petán.

Escrituras antigas fan mención deste arciprestazgo co no nome de San Martiño de Ladrones, e así parece que se expresa a infanta dona Urraca, irmá do rei don alfonso VI, na doazón que fixo á Igrexa de Tui, o día 13 de xaneiro do ano 1071. O mesmo nome, de San Martiño de Ladrones aplícaselle na escritura que fixo o reverendo bispo de Tui, o 1 de decembro de 1156. Parece que ese nome lle vén dado dun lugar así chamado e que debeu ser moi importante na antigüedade, xa que lle deu o nome a toda a esta terra.

Segundo algunhas investigacións, ese lugar estaba situado nun barrio que se atopaba nunha montaña bastante elevada, sobre as parroquiass de Santa Cristina de Valeixe e Santiago de Parada, distrito da San Sebastián de Achas. Aínda que na actualidade é un lugar pequeno e pouco coñecido, debeu existir alí, en tempos pasados, algún castelo ou praza forte de defensa, cun gobernador con xurisdicción sobre aquela terra, e por esta razón déuselle o nome de San Martiño de Ladrones.

A razón de chamarlle "Ladrones" ó castelo vén de que se atopaba nun lugar moi deserto naqueles tempos, con camiños solitarios e desprotexidos, polo tanto moi propios para estar cheos de ladróns e salteadores. Pola súa banda, o feito de titularse de San Martiño sería por estar dedicado ó santo bispo San Martió. co paso dos anos, foise esquecendo o nome de Ladrones e só lle quedou o de "San Martiño"









As igrexas das nove parroquias da Cañiza chaman a atención polo bo estado de conservación así como polo tamaño e a importancia arquitectónica da maioría delas.

Destaca polo seu valor histórico e artístico a Igrexa de Santa María da Franqueira, iniciada no século XIII e que formas parte do santuario existente noutro tempo nesta aldea que goza o título de “Vila”. A igrexa de Valeixe data tamén do século XIII, mentres que no século XVIII foi construída a do Couto, sendo o resto das construccións do século XIX.

Tódalas igrexas son de planta rectangular, con dous corpos diferenciados: Unha nave única con cuberta a dúas augas para albergar ós fieles durante os cultos e un espacio cuadrangular ó fondo, con cuberta a catro augas onde se sitúa o altar e mailos retablos. Ó lado deste último espacio ou formando parte del, sitúase algunha dependencia auxiliar para construí-la sacristía, almacén... Os materias fundamentais de construcción son sempre o granito para os muros e a tella do país para a cuberta.

A diferencia de aspecto das distintas igrexas vén dada, fundamentalmente, pola forma do campanario. Só unha, a igrexa da Franqueira, ten o campanario a un lado, o dereito da fachada. No resto dos casos o campanario ocupa a parte central da fachada. Os campanarios da igrexa de Valeixe e, especialmente, de Parada destacan pola súa altura e esvelteza. Agás os campanarios de Luneda, Oroso e Achas que teñen dous corpos paralelos, á mesma altura, para albergar cada unha das dúas campás, o resto teñen tamén dous corpos, pero enriba do outro.
 

Ver ARte en mi pueblo en un mapa más grande