AGRADECEMENTOS

Para levar a cabo este grupo de traballo e este proxecto necesitamos axudas externas ós membros do grupo, por eso queremos agradecer de forma persoal, ás persoas que dunha ou outra forma axudaronnós:

En primeiro lugar e de forma especial a Maripí, mestra xubilada do colexio e veciña de A Cañiza. Grazas pola documentación facilitada para a elaboración do proxecto, xa que ela xunto con outros compañeiros, fai máis dunha década, levaron a cabo un traballo de investigación e documentación sobre as parroquias da zona.

Tamén grazas a Suso, conserxe do centro, por facilitarno-lo acceso ás parroquias e mediar para poder fotografalas con calma, polas súas rutas culturales polas parroquias e explicarnos a historia das mesmas.

Por outra banda, grazas a Dn Miguel Ángel, Dn Teodomiro, Dn José María, Dn Juan Luis e Dn Xabier Docampo, párrocos das parroquias investigadas, por abrirno-las portas das igrexas para poder documentalas.

Grazas a Dn Jose Luis Bacelar por facilitarnos fotografias do seu archivo particular sobre a historia e as festas relixiosas na Cañiza.

Grazas a Dn Andrés Fuertes Palomera, crego natural da vila, e encargado do Patrimonio Artístico na diocese de Tui-Vigo, por axudarnos e asesorarnos na descripción artística dos templos.

Grazas ás asociacións Espiral e Aulablog por permitirnos aloxar os POIs nas súas plataformas, específicas en proxectos educativos.

Grazas a tódolos compañeiros, que dunha ou doutra forma botaron unha man para poder desenvolve-los proxecto, en especial a Trini, pola súa colaboración nos debuxos.

E por último, grazas ós alumnos/as por participar de forma activa en tódalas actividades do proxecto.

GRAZAS