POEMAS E CANTIGAS


Santa Cristina de Valeixe
na torre ten un balcón
para lle bota-los fogos
o día da súa función.
Sempre me andas preguntando
a miña terra onde é
a Virxe de Gundián
ela ben soada é.
Santa Cristina do verán
Santa cristina do verán
levei os zapatos novos
e trouxen as sola na man.
A Virxe de Gundián
ten uns zapatiños brancos
para se pasear polo adro
domingos e días de santos.
A Virxe de gundián
ten vintecatro escaleiras
para subir e baixar
os mozos e as mozas solteiras.
Por dicir viva San Roque
prenderon a meu irmán
e agora que o soltaron
viva San Roque e o Can.

Teño que subir ó ceo
por unha trenza vermella
teño que levar comigo
á Santa Isabel de Luneda.

Nosa señora do Carme
quixo que lle rezase
que me había de axudar
cando por ela chamase.

Vin á miña nai rezando
ós pes da Virxe María
era unha santa escoitando
o que outra santa lle decía.

 Teño a muller pequena
San Antonio ma garde
aínda que a poña no alto
non ma revira o aire.
 
Nosa Señora da Franqueira
ten uns zapatiños brancos
para pasea-lo adro
os domingos e días de santos.

 
Virxe de Santa Marta
estrela do norte
que lle deu vida
a quen estivo á morte.



Pregrarias cantadas ó longo do camiño na romaría de primavera. Fonte: Ramón Cabanillas (1974)


Bendice amorosa                             Bendice as mazorcas
a palla e a espiga                               tullas e piornos
as follas da rosa                                 enche de panciño
e o dente da ortiga.                            artesas e fornos.

Bendice ó arado                               Bendice Señora
ó legón e ó pico                                  o casal e o lobo
ó san e ó tolleito                                 o niño da rula
ó pobre e ó rico.                                 e a cova do lobo.

Bendice as suores                            Virxe da Franqueira
do santo traballo                                na pedra labrada
as pingas da choiva                           de viñas e prados
e as pingas do orballo.                       arreda a xiada. 

Bendice os amores                            Bendice ós carrascos
do humilde labrego                            e ós toxos dos montes
e dalle na chouza                               e ás herbas dos prados
quentura e sosego.                             e ás agoas da fonte. 
 



Cantigas interpretadas pola señora Concha de Luneda, que recordaba de cando era nena.


Moitas gracias Concha, polo teu tempo e sabiduría.

CANAL DE PODCAST