PARROQUIA A FRANQUEIRA

SANTA MARÍA DE A FRANQUEIRA



Tanto as principais construccións relixiosas coma os cultos máis fervorosos que teñen lugar na parroquia de A Franqueira xiran sobre a devoción por unha antiquísima imaxe da Virxe María que se garda dentro da Igrexa parroquial. Trátase dunha fermosa talla gótica, con trazos románicos, en granito, que representa a Virxe sentada nun trono e adornada con vestidos superpostos. Unha réplica exacta desta imaxe permanece na cova onde, segundo a lenda, apareceu a Virxe da franqueira, tamén coñecida coma a “Virxe da Fonte”.

Non se coñece con exactitude a data en que a imaxe foi esculpida, pero deberá sityarse, sen dúbida, nos primeiros séculos do cristianismo. Francisco Xabier de la Huerta y Vega argumentaba que as tres imaxes marianas máis antigas de Galicia eran a Nosa Señora da Barca, Nosa Señora da Franqueira e Nosa Señora das Ermidas do Bolo.

Coa chegada dos árabes a Galicia, tal e como ocorreu noutros moitos casos, debido a espoliación e profonación sistematica a que somentían os lugares máis inacesibles do monte da Paradanta. evitaríase así a máis que segura aldraxe por parte dos mouros. O paso dos anos xustificaría o esquecemento do lugar onde se gardara a imaxe.

Séculos máis tarde, cando os árabes foron expulsados, aimaxe sería atopada casualmente por unha vella campesina que gardaba o seu gando por aquel lugar do monte. En efecto, conta a lenda que unha pobre anciá, cando ía recolle-lo seu pequeno rabaño, no lugar que dende entón se denomina “Coto da Vella”, obserbou un vivísimo resplandor que iluminou a parte máis escabrosa do monte e que alí entre os penedos viu unha fermosísima imaxe da Virxe María. O lugar da aparición estaría xusto no límite entre Luneda e A Franqueira, parroquias que se disputaban o dereito a construirlle unha ermida nos seu terreos, dado que o escabroso do punto en que aparecera facía imposible calquera construcción. Engade a lenda que para dirimi-la cuestión acordaron colocar á santa imaxe nun carro tirado por varias xuntas de bois, cos ollos pechados e sen guía, para que marchasen ó chou ata que parasen no lugar onde se había de levanta-la ermida. Ese lugar sería o que hoxe ocupa o cemiterio de A Franqueira.

A construcción desta primeira ermida podería situarse no século VII, servindo de antecedente a un posterior cenobio benedictino, que apareceu documnetado por primeira no ano 1086, data na que o Rei Fernando I lle concede o mosteiro as súas terras ós monxes da orde de San Bieito. No século XIII o mosteiro pasou á orde de Císter, sendo os monxes desta orde os encargados de edifica-lo actual santuario de Santa María da Franqueira, e os moradores do mosteiro ata o século XIX (1835), data en que desapareceu, como efecto das leis desarmotizadoras de Mendizabal.

Hoxe conserva o santuario, unha igrexa que vén a ser unha amalgama de diferentes estilos arquitectónicos. O presbiterio, coas súas columnas de ornamentación sueva, e maila cúpula, teñen trazos claros de estilo prerománico. A nave amosa as características da arquitectura cisterciense, coas súas típicas ventás, mentres que no pórtico o estilo románico presenta xa indicios da imaxinería gótica. Datadoi en 1309, posúe unha magnífica portada románica con tendencias oxivais, configurada por catro arquivoltas semicirculares sobre catro pares de columnas. No frontón representáse a Adoración dos reis Magos.

VIRXE DE A FRANQUEIRA
 


WEB DEL SANTUARIO: HISTORIA

FACHADA INTERACTIVA



REFERENCIAS AL SANTUARIO EN LA TV





 
HIMNO




PREGRARIAS DE RAMÓN CABANILLAS
IR A HIMNOS: http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/himnos.html
  
ROMERIAS
 
  LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA

Ver A Franqueira, Santa María en un mapa más grande
 CÓDIGO QR