PARROQUIA PARADA DE ACHAS

IGREXA DE PARADA DE ACHAS


Edificada no solar dunha antiga capela románica, aigrexa parroquail de Parda de Achas foi construída en 1891. A fachada principal destaca especialmente pola altura e esvelteza que acada. Cabe salientar ademasi a imaxe do patrón situada na parte central, enriba da porta de acceso, nunha capeliña ben enmarcada, así coma o reloxo situado enriba da mencionada escultura e o campanario con dous corpos superpostos. O primeiro cuadrangular e o segundo octogonal, aberto por catro caras e coroado cunha bóveda e unha estirada crus de ferro.

A esta parroquia, chamada nun principio Parada, engadiuselle o nome de Achas para distinguila da parroquia de Parada do Val Miñor. Existía na parroquia a casa e o pazo dos marqueses de Achas, señores da parroquia. Na praza do pazo celebrábase tódolos luns un mercado. antigamente tamén tivo un castelo de defensa.

PATRÓN: SANTIAGO O MAYOR

 Santiago o Maior, Santo Apóstolo, 25 de xullo

Martiroloxio Romano: Solemnidade do apóstolo Santiago, fillo do Zebedeo e irmán de san Xoán Evanxelista,que con Pedro e Xoán foi testemuña da transfiguración e da agonía do Señor. Decapitado pouco antes da festa de Pascua por Herodes Agripa, foi o primeiro dos apóstolos que recibiu a coroa do martirio (s. I).

Etimoloxicamente: Santiago = Deus recompensa; é de orixe hebrea

Santiago é un dos doce Apóstolos de Xesús; fillo de Zebedeo. O e o seu irmán Xoán foron chamados por Xesús mentres estaban a arranxar as súas redes de pescar no lago Xenesaret.

Recibiron de Cristo o nome "Boanerxes", significando “fillos do trono”, polo seu ímpetu.

Nos evanxeos relátase que Santiago tivo que ver co milagre da filla de Xairo. Foi un do tres Apóstolos testemuñas da Transfiguración, e logo Xesús convidouno, tamén con Pedro e Xoán, a compartir máis de preto a súa oración no Monte das Oliveiras.

Os Feitos dos Apóstolos relatan que estes se dispersaron por todo o mundo para levar a Boa Nova. Segundo unha antiga tradición, Santiago o Maior foise a España. Primeiro a Galicia, onde estableceu unha comunidade cristiá, e logo á cidade romana de Cesar Augusto, hoxe coñecida como Zaragoza. A Lenda Aurea de Iacobus de Voragine cóntanos que as ensinanzas do Apóstolo non foron aceptadas e só sete homes se converteron ao Cristianismo. Estes eran coñecidos como o "Sete Convertidos de Zaragoza". As cousas cambiaron cando a Virxe Santísima se apareceu ao Apóstolo nesa cidade, aparición coñecida como a Virxe do Pilar. Dende entón a intercesión da Virxe fixo que se abrisen extraordinariamente os corazóns á evanxelización de España.

Nos Feitos dos Apóstolos descubrimos que foi o primeiro apóstolo martirizado. Morreu asasinado polo rei Herodes Agripa I, o 25 de marzo de 41 d. C. (día en que a liturxia actual celebra a Anunciación). Segundo unha lenda, o seu acusador arrepentiuse antes que matasen a Santiago, polo que tamén foi decapitado. Santiago é coñecido como "o Maior", distinguíndoo do outro Apóstolo, Santiago o Menor.

A tradición tamén relata que os discípulos de Santiago recolleron o seu corpo e trasladárono a Galicia (extremo noroeste de España). Os seus restos mortais están na basílica edificada na súa honra en Santiago de Compostela. En España, Santiago é o mais coñecido e querido de tódolos santos. En América hai numerosas cidades adicadas ao Apóstolo en Chile, República Dominicana, Ecuador, Cuba e outros países.

RETABLO INTERACTIVO


HIMNO


Ver Igrexa Santiago o Maior, Parada de Achas en un mapa más grande
 CÓDIGO QR