CAPELAS

INTRODUCCIÓN

As ermidas son numerosas, especialmente na parroquia de Valeixe onde a poboación está moi dispersa. Tendo en conta que consideramos ermidas todos aqueles santuarios, templos ou capelas que non son igrexas parroquiais. Están contabilizadas un total de 18 ermidas. Dúas delas están no recinto dos cemiterios de Luneda e A Cañiza, e outras dúas están en propiedade privada; unha no Pazo do Conde de Cervellón ou Feirón (Parada de Achas) e outra nun barrio de Luneda ( o Lagarto).

O resto son ermidas dedicadas a distintos santos ou virxes. O prototipo destas ermidas sería unha construcción sinxela, en pedra, de planta rectangular, de moi pequenas dimensións, con tellado a dúas augas, de tella plana ou do país sobre estructura de madeira, cun humilde campanario sobre fachada principal, na que se abre tamén a única porta de acceso.

A igrexa de Santa Eulalia de Deva, a Igrexa da Virxe de Gundián e a Virxe de Pena de Francia, máis grandes e máis ricas có resto do conxunto, así como a acapela do Cristo de MIranda, de formato inusitado, completan as excepcións máisi significativas respecto das características apuntadas.

 CAPELAS DE ACHAS

VIRXEN DO ROSARIO E SAGRADO CORAZÓN (SOBRADELO)
CAPELAS DE A CAÑIZA

CAPELA DO CEMITERIO
CAPELAS DE O COUTO

CAPELA DA VIRXE DO CARMEN 
Festa: 16 de Xuño
CAPELAS DE DEVA

NOSA SEÑORA DE GUNDÍAN
O santuario da Virxe do Perpetuo Socorro, mais coñecida co nome da Virxe de Gundián, é un templo barroco, no que destacan unha lanterna enriba da zona do altar e a fachada principal, cunha escultura da Virxe nun esvelto campanario de dous corpos superpostos coroados cunha cúpula de pedra e unha cruz de ferro. 
Festas: Virxe do Perpetuo Socorro: Mes de Abril
Virxe de Gundián e Virxe dos Remedios: 3º Semana de Agosto

CAPELAS DE LUNEDA

SAN ROQUE 
Festa: 16 de Agosto

CEMITERIO
DO LUGAR DO LAGARTO



  CAPELAS DE PARADA DE ACHAS

PENA DE FRANCIA
Esta capela foi construída por orde dun veciño de Parada, Diego Rodríguez, que fixo testamento para que coas rendas dun monte da súa propiedade se mantivera e construíra a devandita capela. A maior parte da capela foi feita entre 1762 e 1772. O retablo é obra de Xoan Xil. A imaxe da Virxe foi traída de Lisboa o 8 de agosto de 1752. No frontal da capela hai unha inscrición que di: “ Esta obra se principió a 12 de Febrero de 1756, siendo cura en vacante D. Tomás Simón y se hace toda de limosna de devoción de devotos”. O 19 de xuño de 1829, caeulle completamente o teito. Hoxe está totalmente reconstruída.
Festa: 21 de Setembro


SAN JUAN (FOLGOSO) 
Festas: San Xoán Bautista e Virxe da Piedade-24 de Xuño


PAZO DE FEIRÓN

CAPELAS DE VALEIXE


ASCENSIÓN (MOURELOS)
Esta pequena ermida ten unhas dimensións de 5,65 metros de longo por 4,90 metros de ancho. Na fachada principal ten unha porta de 1,80 metros de alto por 1,00 metro de ancho, e dúas cruces gravadas. Tamén ten 11 cruces gravadas nos laterais, cinco nun lado e seis no outro. Ten unha pequena xanela lateral, e o tellado é de uralita.
Festa: A Ascensión-Domingo de Maio


SAN ROQUE DE FURNA (TEMPERÁN)
Esta Ermida pertenceu ao Pazo da Furna e foi mandada facer polo seu propietario, D. Ramón, para agradecer favores que recibira do Santo con motivo da curación dun dos seus fillos. Na actualidade está case abandonada e non se fai culto nela.
A súa estrutura é de pedra e no tellado presenta catro pináculos en cadansúa esquina. Está comunicada por unhas escaleiras coa finca da Furna. 
Festa: 16 de Agosto
CAPELA DAS NEVES (PINTELOS) 
Festa: 5 de Agosto
CAPELA DO CRISTO DE MIRANDA (MOURELOS)
Esta ermida ten un formato inusitado tendo en planta 8 lados, catro de 4,20 metros e os outros de 1,10 metros. Tres dos laterais grandes son abertos, estando protexidos por unha grella de ferro. Os laterais pequenos son cerrados, tendo 4 peañas exteriores e 4 interiores. No interior ten un altar e un cruceiro con pintura policromada e cunha inscrición no pé na que se pode ler 1778. No cruceiro, por un lado está Cristo na cruz, e polo reverso está a Virxe co Cristo nos brazos.
Festa: 3 de Maio

CAPELA DO ANXO DA GARDA
Ermida construída sobre rocha no lugar do Anxo da Garda, sendo as súas medidas as seguintes, largo 9,20 m., ancho 5,85 m. e altura de cornixa 3,5 m. No seu frontal ten unha porta de 2,20 m. de alto por 1,30 m. de ancho. Na súa parte frontal ten un peto tallado na pedra, nun lateral unha pequena xanela, e na fachada posterior ten gravada unha pequena cruz de pedra. O tellado está feito con tella do país. Accédese á capela subindo catro chanzos.
Festa: 1º Domingo de Marzo
CAPELA DOS REMEDIOS (MIÑOTEIRA)

Esta ermida mide 10,70 metros de largo por 7 metros de ancho, sendo a súa altura de cornixa duns 3 m3tros. Ten unha porta frontal sobre a que se levanta un frontón e sobre el un campanario sinxelo, coroado cunha cruz. Nas catros esquinas do tellado ten cadanseu pináculo. Tamén ten unha pequena porta lateral e no frontal dous ventanuchos. O seu tellado está feito con tella do país.
Festa: 8 de Setembro
CAPELA DE SAN ANTÓN (TAÍN)
Festa: 13 de Xuño

LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA

Ver ARte en mi pueblo en un mapa más grande